FERREIROA

25 decembro, 2009 (13:04) | Padrón 2.0

ferreiroa adro1 [800x600]

Por motivos de traballo teño que ir, polo menos, unha vez a semana a Agolada e na parroquia de Ferreiroa atopei esta bandeira pirata con escrito na entrada do adro da igrexa. Por certo estou descubrindo que este concello ten un gran patrimonio arqueolóxico e histórico impresionante que non se limita so aos PENDELLOS que por certo estan a amañar as rúas que o circundan e atravesan, supoño que para por sumidoiros e pasar a lus e teléfono, e fano "con pedra cortada á maquina" coma a das fachadas dos bancos. Eso é bo para os skaters que rodarían ben pero para os pendellos é unha aberración. Como parei a tomar un café ao lado do concello e vin a desfeita entroume un non sei que, que me cabreou. Cando volte xa vos poñerei unha foto

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Comment de Chousa da Alcandra
Data: 2009-12-25, 2.59 pm

A bandeira vaille que nin pintada (!) ó lugar no que está. E a frase…tampouco ten desperdicio.

(O do chan dos pendellos, eu téñoche a confianza de que quen proxectou ese chan non está tolo de todo. Ademáis detrás desa decisión está o visto e prace da Asociación de Amigos dos Pendellos, que levan moitos anos traballando por e para ese espazo. Dudo moito que tolearan todos así de súpeto. Talvez sexa necesario concederlles a presunción de boa intención e ver como queda finalmente a obra. – Ben sei que tal como está en plena colocación non queda ben, pero cando se envelleza o lousado…secadra non queda tan mal como hoxe poda semellar)

Apertas blogueiras

Comment de Andrés Núñez Rajoy
Data: 2009-12-26, 12.42 pm

Estimado/a Chousa da Alcandra: non lle vou a quitar o mérito a Asociación de Amigos dos Pendellos, non, o que digo é que as cousas débense de “intentar” facer ben dende o inicio sobretodo cando se fan con cartos públicos, vouche a explicar que o tipo de pedra non é o mesmo (mira a cor), non é o mesmo unha pedra abuxardada con buxarda grosa que cortada con bidia e diamante, non é o mesmo os porpiaños heteroxéneos(ahí a súa gracia) que todos iguais, non é o mesmo a man que a máquina. Penso que cando se recuperan cousas coma esta hai que ser ecolóxicos no sentido amplo e intentar facelo a man, xa que sinon eu pregúntome para que vale ter unha Escola de Canteiros en Poio si os rapaces ao terminar (a maioría) van a ir ao paro. Ainda asie e todo gracaias polo comentario, e como parece que esto non ten volta atras esperaremos a que envelleza a pedra, si chegamos alá.

Escribe un comentario