![IMG_3295 [640x480]](http://chedeiro.blogaliza.org/files/2010/01/IMG_3295-640x480.JPG)
O día da nevada, cando dicían que non colleramos o coche que as estradas estaban mal non se nos ocurre outra cousa que ir a ver a neve, todo estaría ben se non fose con disculpa, imos ver.
-Seica hai un canario que ten un restaurante en Santiso que está ben.Que che parece? – dixen eu
-Que estás tolo, co día de neve e xiada que hai, non ves o que está a decir a galega que non se saia da casa
-E que, imos con coidado e si a cousa está complicada damos volta e xantamos por ahí
-Por onde iríamos?-Preguntou a Pancha
-Polo Candán, Lalín, Agolada, carretera de Agolada a Melide a alí preguntar
Dito e feito, arrancamos e metémonos na estrada de Ourense. Víase que lle botaran sal. Había xiada branca nas beiras e nas curvas que non lle dera o sol. O día fermoso, o sol no máis alto, eran as doce estábamos chegando a Cerdedo que xa é altura.
Nin rastro de neve.
Estrada a Forcarei, xiro a direita e comenzamos a subir ao Candán, marchas curtas por mor de ver aparecer a neve en calquera curva.
Seguimos sin ver a neve nin no alto de todo onde divisamos as terras do Deza e do Ulla, non se ve nada branco.
Miramos un para o outro e con cara de rara sonrimos. Seguimos adiante. Chegamos a Lalín, nada. Estrada de Lugo. Agolada, nada. O día cada vez estaba mellor.
Parada en Agolada a ensinarlle á Pancha a desfeita do solo dos pendellos. Si non fora porque penso que son uns ignorantes os que o están a facer diría que o fan adrede para rirse dun.Estrada a esquerda, bo firme, bo sal, bo ancho, é o camiño a Melide que se ve alá no alto ao pasar o Ulla, eso si no se albisca neve por ningures. Chegamos a Santiso e preguntamos polo canario, mala sorte facía cinco meses que pechara
Onde comer? Son as tres menos cuarto e as tripas dan avisos a xeito de bruido secos, polo menos as miñas.
-Ao vir non había un pazo de turismo rural a direita?-Pregunteille aá Pancha
-Si, poñía Eidián ou algo así
-Pois imos
Chegamos ao pazo, a porta aberta, entramos e non vemos a ninguén, damos unha volta e alá ao fondo vemos unha cristaleira e mesas e dentro unha muller e un home comendo. Empuxamos polas portas e non abren. Facía frío. O home levántase e abre un porta con maestría xa que era de madeira e estaba hinchada da auga.
-Que queren, velo pazo?- dixo a muller dende a mesa
-Non queríamos comer, pero xa vemos que está pechado e non queremos molestar asi que nós imos cara a Agoladaa comer alí-dixemos
-Si se conforman co que teña por ahí eu fago de comer- comentou a muller
-Non queríamos molestar
-Non é molestia, que?
-Pois veña
Meteuse na cociña, e nos co home fomos a ver o pazo, que pazo pazo non é senón que era unha cousa parecida a un antigo destamento militar nan que ainda se poden ver nas paredes do que é o comedor as troneras para poder disparar.
Pouco antes de xantar sentamos a mesa e pedimos unha botella de tinto de Monterrei, mencía e tempranillo que esta ben.
Chegou a hora da comida e aquí vai a nosa sorpresa, pola porta da cociña aprece Merche, que así se chamaba a cociñeira, limpadora e mantedora, cunha fuente na que veñen dous triángulos grandes de empanada de grelos, nunca a probaramos e a sensación no padal foi de esquisitez, os grelos eran de cocido, tendo todo o sabor do mesmo e ainda traián polo medio anacos de chorizo.
De segundo sorprendeunos cunha confitura de pemento bermello e queixo Philadelphia (que xa nos avisou Merche que era o único que ela non facía) estaba moi bo e si deixamos algo foi o queixo.
De terceiro unhas croquetas caseiras moi logradas.
De cuarto un xarrete de vaca que a mellor definición pode ser manteiga pura cunha salsa moi lograda.
Aquí xa non dábamos terminado este prato, pola súa abondosidade, cando aparece pola porta cun quinto prato de costela de vaca guisada con patacas fritidas coa tona, e veña que hai que probalo, e probámolo e comemos un pouco que si o xarrete estaba bo, xa polo que o xarrete mesmo, podo contar que esta costela estaba superior.
Con cafés todo 37 euros os dous. Ver non vimos a neve pero comer comemos a fartas e ademáis moi ben, as veces pasan cousas así vas a por unha cousa e sales con outra cecais mellor.